Tuesday 14 de May de 2024

O Concello organiza campamentos para nenos e nenas durante o Nadal


Os nenos e nenas de entre 6 e 11 anos teñen a posibilidade de participar entre os días 26 e 30 de decembro no Campa Nadal, unha actividade que se desenvolverá en horario de 9:00 a 14:00 horas nos colexio Isidro Parga Pondal de Santa Cruz. Co obxectivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das nais e dos pais, o Concello oferta 50 prazas para esta actividade coa que tamén se procura fomentar os hábitos de vida saudables, as habilidades artísticas e os valores positivos.

O prazo de preinscrición estará aberto desde o xoves día 1 ata o 9 de decembro e poderase facer enviando a folla de inscrición que pode atoparse na web municipal, no apartado de Ensino e Xuventude, a ensino@oleiros.org ou entregándoa presencialmente na Fábrica, en horario de mañá. Se houbese máis solicitudes que prazas ofertadas realizarase un sorteo público na Fábrica.

MÁIS INFORMACIÓN: http://oleiros.org/c/document_library/get_file?uuid=6612e0f3-1f3a-40ea-b823-91e721b5ff86&groupId=8046194